Dudas, consultas, quejas, etc...

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Mobilizacións en Alcampo Coruña

Mobilizacións en Alcampo en defensa da conciliación da vida persoal, familiar e laboral
15-12-2009.- O comité de empresa de Alcampo, en reunión extraordinaria do 11 de novembro, acordou convocar mobilizacións os días 16 e 23 deste mes mais o 5 de xaneiro de 2010 en defensa da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.


Hoxe, mércores 16 de decembro, haberá un peche do comité de empresa;

o mércores da semana que vén, día 23 de decembro, prevese unha concentración de cinco a sete da tarde;

e xa en 2010, o día 5 de xaneiro, prevese unha xornada de folga.

Os actos reivindicativos teñen como orixe a posición da empresa no relativo á modificación de horarios do ano 2010, pois debido ao acordo entre Alcampo e Fetico a empresa «desregulariza os horarios do persoal, con cambios substanciais no que atinxe á conciliación da vida familiar e laboral».

No hay comentarios:

Publicar un comentario