Dudas, consultas, quejas, etc...

jueves, 7 de enero de 2010

Os Comités do Alcampo de Coia e da Avenida de Madrid continúan coas mobilizacións polo cambio nos horarios de traballo


Pola mañá e pola tarde nas dúas áreas comerciais
Ás doce da mañá e as seis da tarde tiña lugar unha nova mobilización das traballadoras e traballadores de Alcampo. A pretensión de Alcampo de trocar os horarios é consecuencia do último convenio de grandes almacéns, asinado en Madrid o verán pasado por FASGA e FETICO, que mingua considerabelmente as condicións laborais e salariais do persoal. Dito texto permite a posibilidade de realizar xornadas de 9 horas, ás que se engade outra de descanso que non computa como tempo traballado. Isto implica que os empregados poden estar 10 horas no centro de traballo.
Os Comités de Empresa de Alcampo de Coia e da Avenida de Madrid realizaron este xoves novas concentracións motivadas pola posición de Alcampo de modificar os horarios de todo o persoal para este ano 2010, e isto débese a un acordo asinado pola empresa e o sindicato amarelo Fetico.
Horarios incompatíbeis coa vida familiar
Repartiron follas informativas nas que denunciaban que "os cambios que nos impoñen desregularizar, non só os nosos horarios, senón que fan que sexan incompatíbeis coa nosa vida familiar. Por exemplo, un horario de tarde é de 11 a 21, isto quere dicir nove horas de traballo efectivo e 10 de presenza, xa que unha hora é a de descanso sen retribuir. Isto é un dos horarios entre tantos, xa que nos poñen até 15 distintos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario