Dudas, consultas, quejas, etc...

lunes, 18 de enero de 2010

CURSOS GRATUITOS FEDERACION GALEGA DE COMERCIO

Grupo Femxa informao da oferta formativa que a Federación Galega de Comercio (FGC) pon a disposición dos traballadores do sector Comercio, tanto autónomos como de réxime xeral de Galicia. Todos estes cursos non teñen custo algún nen para o traballador nen para a sua empresa, debido a que están financiados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Isto xenera unha elevada demanda de prazas, así que no caso de estar interesados animámolos a realizar as preinscripcións o antes posible. Os cursos realizanse a través de Internet polo que os alunos poderán beneficiarse dunha formación ó seu propio ritmo e con total flexibilidade de horarios, xa que a plataforma atópase dispoñible 24 horas ó día. É preciso dispor dunha conexión a Internet (cable, ADSL, RDSI) e posuír uns coñecementos básicos sobre o manexo de equipos informáticos e Internet. A documentación precisa para formalizar a matrícula é a seguinte:
· DNI (fotocopia ambas caras)
· Tarxeta sanitaria (fotocopia)
· Cabeceira da última nómina (Con período de liquidación, ou recibo de autónomos, no caso de que proceda) / Tarxeta de demanda de emprego.
Dita documentación debe ser enviada a Grupo Femxa antes das datas de matricula indicadas a continuación:

Data límite de matricula: 19 de Xaneiro de 2010
Data inicio do curso: 26 de xaneiro 2010

Asimesmo, deberán cumplimentar a ficha de inscrición adxunta, sendo importante que inclúa un número de teléfono móbil para facilitar o contacto. Esta documentación poderaa remitir por fax ó 986 494 120 (Att.: Dolores Casares) ou ben por correo electrónico ó seguinte enderezo: dcasares@femxa.com Agardamos que esta información sexa do seu interese e que a traslade a todos os seus contactos que podan estar interesados. Quedamos a sua enteira disposición no teléfono gratuito 900 100 957 ou en comerciogalicia@femxa.com Saúdaos atentamente,

Podes pedir copia de ficha de inscripció ou listado de cursos a:

ccoocarrefourgalicia@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario