Dudas, consultas, quejas, etc...

lunes, 19 de octubre de 2009

AMPLIACIÓN DO PERMISO DE PATERNIDADE

NOVIDADES SOBRE O PERMISO DE PATERNIDADE
Coa finalidade de manter informada á poboación traballadora galega con respecto aos seus dereitos e obrigas laborais sobre a conciliación da vida familiar e laboral, a Secretaría da Muller e Políticas de Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, recolle as últimas modificacións sobre a ampliación do permiso de paternidade lexisladas polo goberno.
Lei 9/2009, de 6 de outubro,de ampliación da duración do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollida.
En aras a unha política positiva cara á figura do pai, que permita incentivar a implicación dos homes nas responsabilidades familiares, a presente Lei expón a ampliación do período de paternidade a catro semanas, exclusivo para o pai.
Artigo 1. Modificación do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e das Traballadoras.
Modificase o artigo 48 bis: Suspensión do contrato de traballo por paternidade.
Nos supostos de nacemento de fillo ou filla, adopción ou acollida de acordo co artigo 45.1.d) desta Lei, o traballador terá dereito á suspensión do contrato durante catro semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de parto, adopción ou acollida múltiples en dous días máis por cada fillo ou filla a partir do segundo/a. Esta suspensión é independente do goce compartido dos períodos de descanso por maternidade regulados no artigo 48.4.
No suposto de parto, a suspensión corresponde en exclusiva ao outro proxenitor. Nos supostos de adopción ou acollida, este dereito corresponderá só a un dos proxenitores, a elección dos interesados.
O traballador que exerza este dereito poderá facelo durante o período comprendido desde a finalización do permiso por nacemento de fillo/a, previsto legal ou convencionalmente, ou desde a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollida, ata que finalice a suspensión do contrato regulada no artigo 48.4 ou inmediatamente despois da finalización de dita suspensión.
A suspensión do contrato a que se refire este artigo poderá gozarse en réxime de xornada completa ou en réxime de xornada parcial dun mínimo do 50 por cento, previo acordo entre o empresario ou empresaria e o traballador.
O traballador deberá comunicar ao empresario ou empresaria, coa debida antelación, o exercicio deste dereito nos termos establecidos, no seu caso, nos convenios colectivos.
Artigo 2. Modificación da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública.
Modificase a letra a) do artigo 30.1 da Lei 30/1984:
Artigo 30. Permisos.
1. Concederánse permisos polas seguintes causas xustificadas:
a) Polo nacemento, acollida, ou adopción dun fillo ou filla, catro semanas a gozar polo pai a partir da data do nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollida ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.
Artigo 3. Modificación da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo.
Suprímese a disposición transitoria novena da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo.
Disposición final segunda.
A presente Lei entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario